Como xa está cerca o Día Internacional da Paz e da Non Violencia, nos coles empezamos a preparar actividades, lecturas, xogos..., que conduzan ao noso alumnado á reflexión sobre a necesidade de erradicar as guerras do mundo.
No panel lateral atoparedes unha recompilación de páxinas con variedade de recursos para empregar nas aulas co epígrafe Recursos día da Paz. Ao longo destes días tentaremos ir ampliándoa.
AQUÍ podedes ver os artigos que se foron publicando neste blog co motivo da celebración desta data.
Para o 2010 o alumnado do noso centro preparou este precioso traballo colectivo onde novamente apreciamos a creatividade dos nosos pequenos artistas. O tema central é "Os nosos contos favoritos" e cada aula ilustrou un mes do ano inspirándose nun dos seus títulos preferidos. Así xurdiu "UN ANO DE CONTOS", o calendario do Ceip Mestres Goldar, que queremos compartir con vós e que vos convidamos a empregar. Como podedes comprobar, menciónanse as datas máis sinaladas do ano ou que teñen algún interés para a rapazada. Aquí volo deixo. Esperamos que vos guste.
Autores/as: XANEIRO: E. I. 3 anos FEBREIRO: E. I. 4 anos MARZO: E. I. 5 anos ABRIL:1º Primaria MAIO:2º Primaria XUÑO:3º Primaria XULLO:4º Primaria AGOSTO:5º Primaria SETEMBRO:6º Primaria OUTUBRO: Alumnado de Relixión NOVEMBRO: Alumnado de Inglés DECEMBRO: Alumnado PT
O ano 2010 foi declarado pola Xunta de Galicia Ano do Libro e da Lectura. A Consellería de Cultura e Turismo vinculará os plans de actuación e as medidas de promoción do libro coa celebración do Ano Xacobeo. A finalidade deste proxecto é impulsar o Ano do Libro e da Lectura de Galicia a través da celebración do Xacobeo 2010. Para iso, as institucións públicas galegas, os centros de ensino, as bibliotecas, as asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia adicarán unha parte da súa actividade a pór de relevo esta manifestación contribuíndo ao recoñecemento do libro como instrumento para a promoción e a divulgación da cultura e da lingua de Galicia. Así mesmo, invítase a todos os galegos a participar nos distintos actos que se celebren na promoción do libro e da lectura.
A programación inclúe exposicións, proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, centenarios e outras homenaxes, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas. Entre as conmemoracións literarias anunciadas para este ano salientan as seguintes:
Hoxe é un dos días máis agardados por nenos, nenas e polos que xa non o son tanto. Por fin, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán as nosas casas. Esperemos que nas súas carrozas traian moreas de marabillosos libros para todos.
Para despedirnos destes personaxes tan queridos pola rapazada déixovos unhas preciosas e orixinais ilustracións de diferentes autores, recollidas en Pinzellades al món. PARA DISFRUTAR:
Xa se acerca o día da ilusión. Nenos e grandes agardan impacientes as sorpresas que nos teñen preparadas as SSMM de Oriente. Pero, ¿coñeces a historia dos Reis Magos? Nesta páxina atoparás todo o que queres saber e, ademáis, tamén podes escribir a túa carta online. AQUÍtes a páxina dos Reis Magos con xogos, concursos, panxoliñas, contos, manualidades...
¿Queres ver a cabalgata? Pincha na imaxe de abaixo: