O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

LER NOS RECREOS
OLA, AMIG@S!!
A biblioteca pronto abrirá de novo as súas portas para que todos e todas podades disfrutar outra vez da maxia e das aventuras que nos ofrece a lectura. Prepárate porque sei de moi boa tinta que haberá novidades (¡non llo contedes a ninguén, é un segredo!):
O equipo da biblioteca anda preparando un recuncho, na zona de audiovisuais, para a lectura durante os recreos, onde atoparedes materiais especialmente pensados para pasar uns momentos moi agradables e divertidos. Alí teredes revistas infantís cheas de fantásticas imaxes, curiosidades e actividades sobre temas que che interesan e que incluso che poden axudar nos teus traballos escolares.
Este tipo de edicións está moi ben para eses momentos de lectura máis curtos, para os lectores que non son tan adictos ás narracións e, sobre todo, para espertar curiosidades.
Estas son as que temos na nosa biblioteca:
REPORTERO DOC:
Chea de reportaxes interesantes, diversos e actuais, con moitísimas fotografías, sobre animais, xeografía, saúde, historia, ciencia, deportes..., para satisfacer a túa curiosidade, coñecer o mundo e respetalo. Para lectores a partir de 8 ou 9 anos. Se fas clic na imaxe poderás ver algunhas páxinas.

MUY JUNIOR:
Todo o que queres saber sobre o reino animal, os deportes, ciencias, cultura, corpo humano, tecnoloxía, historia , consumo, psicoloxía, natureza... Hai cómic, xogos, pasatempos e manualidades, pero tamén entrevistas e reportaxes divulgativos de altura. E todo adobiado con excelentes imaxes e fotografías.
Ten unha divertida web con concursos e dous blogs para esculcar: El blog de Neurona e El blog de Cosmos . ¡Gustarache! Para lectores de 7 a 11 anos.

PELO, PICO, PATA:
Para os amantes dos animais, con estupendos artigos e reportaxes sobre o coidado de mascotas e información sobre natureza.

E ADEMAIS...
Como novidade, este curso tamén poderedes practicar o voso inglés coa divertida revista que atoparás na biblio.

¿A que mola?
Pois estade atentos porque vos seguirei contando cousas mentres agardamos o día de voltar á biblio.


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 24-09-2010 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0