|
|
|
ABRIL, MES DO LIBRO |
|
 "UN LIBRO ESPERA POR TI; BÚSCAO!" A piques de estrear o mes de abril, xa está á nosa disposición o cartel conmemorativo do Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que edita a IBBY (International Board on Books for young people), e no que reza o lema Un libro espera por ti; búscao! Este ano Noemí Villamuza e Eliacer Cansino son os responsables da ilustración e do texto, respectivamente. Podes ler o tríptico nas catro linguas oficiais. Na páxina da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) atoparás as actividades programadas por este organismo para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil. Como vedes, o 2 e o 23 de abril son dúas datas especiais nas que libro e lectura son protagonistas e convertirán  este mes que imos comezar no Mes do libro, para o que as bibliotecas escolares están preparando xa moreas de actividades coas que poñer de relevancia estas datas e o seu significado.
|
|
|
|
1 Comentarios |
|
1 |
Grazas Julia por informarnos tan amplamente acerca dos distintos temas que tanto nos interesan nas biblios#blgtk08#. Co teu permiso comentarei esta información no noso beleblog. Sempre respetando a túa autoría. Moitas!!! |
|
|
É o que dixo Adelaida (11-04-2010 19:02) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|