Hoxe faleceu, na súa casa de Valladolid, un dos máis grandes persoeiros das nosas letras, Miguel Delibes, autor da inesquecible novela "Los Santos inocentes" entre outras obras de enorme relevancia na literatura española contemporánea.
Miguel Delibes naceu en 1920. Licenciouse en Dereito e Intendencia Mercantil e durante varios anos dirixiu o diario 'El Norte de Castilla'. En 1948 recibiu o Premio Nadal pola súa obra La sombra del ciprés es alargada. Nese momento comezou a que sería unha brillante carreira literaria.
Entre os seus títulos atópanse: El camino (1950), Mi idolatrado hijo Sisí (1953), Diario de un cazador (1955), Diario de un emigrante (1957), Las ratas (1962), La hoja roja (1962), Cinco horas con Mario (1967), La parábola del náufrago (1970), El príncipe destronado (1973), Las guerras de nuestros antepasados (1975), El disputado voto del señor Cayo (1978), Los santos inocentes (1981), Madera de héroe (1987), Mi vida al aire libre (1989) e El hereje (1998).
Delibes foi membro da Real Academia de la Lengua Española dende 1975 e colleitou importantes premios literarios como o Premio Cervantes e o Premio Príncipe de Asturias das Letras.
Aquí vos deixo un fragmento da película "El camino", de Rtve.
Moi recomendable a páxina de RTVE onde atoparás interesantes documentos sobre a súa vida e a súa obra ( imaxes, vídeos, documentos sonoros...), e mesmo podes deixar unha mensaxe de despedida.
Esta é unha das novas que non nos gustaría ver publicadas. A morte de Delibes enche de tristura o corazón dos que crecemo#blgtk08#s lendo Cinco horas con Mario ou Los Santos Inocentes. Quedamos a súa obra chea de bo facer, de compromiso e humanidade.