|
|
|
DE LECTURA E ENCONTROS DIXITAIS. UNHA EXPERIENCIA NA AULA |
|
 O alumnado de 2º de EP do noso centro está lendo con entusiasmo "Soños de andel", da escritora galega Susana Lamela. Como factor motivador e para complementar esa experiencia lectora, pensei que sería moi positivo que puidesen expresar as impresións e sentimentos que lles producía a lectura a medida que ían adentrándose na historia. Pensei tamén que ninguén mellor que a propia escritora podería mediar entre estes lectores e o libro que estaban lendo, polo que consultei coa autora a posibilidade de manter correspondencia dixital con ela mentres durase a actividade. A miña proposta foi aceptada, o que agradezo enormemente, e inmediatamente estableceuse o contacto a través do seu blog Andel de soños. A experiencia está resultando moi enriquecedora, os nenos e nenas esfórzanse por explicar todo o que lles provoca a historia de Ani, consensúan o que lle van escribir a Susana, falan sobre o que ela lles di... e ademais empregan internet e as novas tecnoloxías dun xeito ao que están pouco acostumados.
A través de Susana Lamela, tiveron a ocasión de contactar con María Lires, a ilustradora, da que son rendidos admiradores, xa que as súas fermosas ilustracións tenos encandilados.
Vaia dende aquí o meu agradecemento ás dúas por proporcionarnos a oportunidade de vivir unha experiencia tan fantástica. Susana e María, ¡moitas grazas!
Se queredes acceder á nosa correspondencia dixital premede AQUÍ
|
|
|
|
4 Comentarios |
|
1 |
Unha excelente inic#blgtk08#iativa. ¡Parabéns! |
|
|
É o que dixo María (07-03-2010 12:15) |
|
|
2 |
Para min está a resultar unha experiencia fermosísima.
Moitas grazas Julia po#blgtk08#r deixarme compartir un anaco do meu tempo cos teus alumnos de segundo.
Bicos |
|
|
É o que dixo Susana Lamela (08-03-2010 21:41) |
|
|
3 |
Ola Julia. Nós coñecemos a Susana e María, que acudiron ao noso centro para inaugurar a biblioteca que leva o nome de "Soños de Andel" . A experiencia foi inmel#blgtk08#lorable. Son dúas persoas cercanas, moi doces e afectuosas e os rapaces disfrutaron un montón.
Parabéns pola iniciativa.
Encarna/CEIP de Andrade. |
|
|
É o que dixo (12-03-2010 22:04) |
|
|
4 |
Sí, esa é a sensación que eu teño, que son dúas persoas estupendas. Precioso o nome da biblioteca, como precioso é o libro de Susan#blgtk08#a e as ilustracións de María. Estou segura de que o encontro que teremos con Susana en abril será inesquecible.
Bicos
|
|
|
É o que dixo Julia. (12-03-2010 23:32) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|