Onte celebramos no cole o Día escolar pola Paz e a Non Violencia. Cun sinxelo acto quixemos transmitir a nosa esperanza nun futuro onde a PAZ estea presente en todos os recunchos do planeta. Nas paredes das aulas e corredores lucían os traballos que estes días realizou colectivamente o alumnado. Solidariedade, respecto, tolerancia e diálogo foron as palabras máis empregadas, segur@s de que nelas está a chave que abre a PAZ ao mundo.
Como remate asistimos todos xuntos, alumnado, profesorado e familias, á lectura dramatizada do conto "A pedra de sopa" que nos fixo ver que "todos somos necesarios". E con esta bonita mensaxe no corazón, acudimos ao patio onde soltamos dúas pombas para que espallaran no ceo os nosos desexos de PAZ.
Moitas grazas, Ronsel! Foi un acto sinxelo pero emotiv#blgtk08#o. Oxalá, como ti dis, dea resultados.
Apertas
É o que dixo MIK (30-01-2010 11:57)
3
Os ha quedado muy bien.Me ha gustado lo de llevar colgados diferentes símbolos de la paz, las pajaritas de papel(#blgtk08#un año las hicimos nostros también)...Y me encanta la música que has puesto a la presentación
Felicidades