Neste día para a reflexión, o alumnado do 1º e do 2º ciclo de Primaria acudiu á biblioteca para participar nunha actividade de concienciación ante unha terrible realidade que sufren algunhas persoas: a violencia de xénero.
Despois de cantar a canción de
Andaluna e Samir, viron o conto
"Una feliz catástrofe" que serviu de introdución a un coloquio no que se falou de igualdade, de familias, de colaborar... Todos/as querían intervir para expresar a súa opinión ou contar as súas vivencias.
Sorprende o atinado dalgúns comentarios e a claridade e convencemento con que moitos deles expoñen o seu punto de vista.
Resultou unha sesión moi proveitosa na que tod@s puideron manifestar o seu propósito de traballar a favor da igualdade de xénero.