|
|
|
FAMILIAS EN MARCHA |
|

No noso cole estivo funcionando o curso pasado unha actividade dirixida aos adultos que acompañan ao noso alumnado ao centro e que demos en chamar "Lendo espero", onde os pais/nais/avós teñen acceso á prensa diaria, revistas de diferentes temáticas..., mentres agardan a saída dos nenos e nenas.
Este curso queremos seguir propoñendo actividades que favorezan a lectura no ámbito familiar, polo que estamos poñendo en marcha un punto de intercambio de libros entre familias. Esta iniciativa pretende que toda a comunidade escolar teña acceso a lecturas propias de cada segmento de idade. A nosa biblioteca, polo de agora, non dispón de fondos para adultos polo que tentamos suplir esta carencia co deseño desta proposta como un servizo máis. Trátase dun sistema de autopréstamo e autoxestión onde os fondos literarios son achegados polas propias familias. Agardamos que esta idea sexa ben acollida e que teña unha resposta masiva, como ven ocurrindo ata o de agora.
Aquí está toda a información: A ACTIVIDADE NORMAS E FUNCIONAMENTO Tamén podes acceder AQUÍ aos libros que están dispoñibles para o préstamo (polo de agora non está completo o listado) e que se irá actualizando segundo vaian aumentando os fondos. No panel lateral disporedes dunha ligazón para facilitar a consulta. E agora só queda agardar a que chegue o 9 de outubro, no que a biblioteca comezará a súa andaina neste curso no que de seguro haberá sorpresas e novidades.
ATA PRONTO!!!
|
|
|
|
5 Comentarios |
|
1 |
¡Qué buena idea!.
y la de leyendo espero también me ha parecido genial.Nuestra biblioteca está abierta por la tarde con actividades que organiza el ayun#blgtk08#tamiento para los niños, pero es verdad que tenemos la laguna de los padres.Siempre hemos querido hacerlo,pero me resulta complicado.
Un abrazo, Isabel |
|
|
É o que dixo (30-09-2009 22:38) |
|
|
2 |
Perdona que no he subi#blgtk08#do mi mail, soy Isabel |
|
|
É o que dixo isabel (30-09-2009 22:40) |
|
|
3 |
No es complicado, Isabel. Lo importante es que las familias respondan, que tengan ganas de leer y se involucren e#blgtk08#n la actividad de la que son beneficiarias. Aparecerán problemillas que espero se resuelvan sin mucha dificultad. |
|
|
É o que dixo MIK (30-09-2009 23:33) |
|
|
4 |
Sorte coa iniciativa!!! Todos os esfor#blgtk08#zos de seguro se verán recompensados. |
|
|
É o que dixo Bibliomanía (01-10-2009 18:45) |
|
|
5 |
Moitas gracias,#blgtk08# Bibliomanía! |
|
|
É o que dixo MIK (01-10-2009 19:21) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|