O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

40 ANOS DUNHA IMAXE


É o paso de peóns máis famoso do mundo grazas aos Beatles. En 1969 o grupo británico cruzou Abbey Road, en Londres, e fixeron esta foto. Dende entón este lugar converteuse nun punto de peregrinaxe para miles de fans que imitan a foto dos seus ídolos. E non só os seus seguidores, personaxes como Os Simpson ou os Lego cruzaron esta emblemática rúa.

Ninguén esperaba o éxito da instantánea. De feito, nun principio o álbum ía chamarse Everest e o grupo debía viaxar ao Himalaya para crear alí a portada. Pero, finalmente decidiron cambiar a unha solución moito máis fácil e económica.

A foto converteuse na portada do seu disco con ese nome, o último que
grabaron, e unha das máis famosas na historia da música. Analizada até o máis mínimo detalle ten tamén a súa propia lenda urbana: para esa ocasión teceuse a historia de que Paul McCartney non é o que aparece na fotografía senón un dobre. O rumor era de que este morrera, xa que na fotografía o músico aparece cun cigarro na súa man dereita, cando el é zurdo. Na imaxe, froito dunha sesión na que o fotógrafo Iain Macmillan só tomou seis fotos, resulta rechamante que McCartney (de traxe escuro) apareza descalzo e sen marcar o mesmo paso que os seus compañeiros.
Segundo unha teoría bastante estendida, a escena representaría unha procesión fúnebre na que McCartney sería o morto, Lennon (traxe branco) o clérigo, Starr (traxe negro) o axente funerario e Harrison (en camisa e pantalóns vaqueiros) o enterrador.

Sobre o vehículo Volkswagen que aparece no extremo esquerdo da foto, este atópase exposto no museo que ten a empresa fabricante deses vehículos no Wolfsburgo, Alemaña. O número da matrícula 051351 e as letras LMW poderían interpretarse como "Linda McCartney Widowed" (Linda McCartney, viuva).

Corenta anos despois, miles de fans tentan captar ese mesmo momento, para sufrimento de moitos condutores que a miúdo teñen que esperar porque a xente cruza a rúa moi lentamente, queda parada ou retrocede para volver empezar e inmortalizarse alí.
A fotografía que lles tomaron aos Beatles cruzando a rúa para dirixirse aos estudos de grabación de Abbey Road en Londres, cumpliu 40 anos este 8 de agosto, acontecemento histórico que foi lembrado polos principais medios de comunicación electrónicos, dixitais e televisivos do planeta.




En Vagabundia podedes atopar un estupendo artigo/homenaxe co motivo desta data.

Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 10-08-2009 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentarios
1 Te ha quedado una entrada precio#blgtk08#sa.
¡The Beatles forever!
É o que dixo Conchita lópez (13-08-2009 20:53)
2 Digo lo mismo: ¡The Beatles forever! Lo bueno permanece y es et#blgtk08#erno. Me declaro beatlemaníaca por los siglos de los siglos...
É o que dixo MIK (14-08-2009 00:38)
3 Me encantan los Beatles! Quizás mi canción favorita #blgtk08#sea 'Yesterday' y mi cantante favorito John Lennon.
É o que dixo Remedios (17-08-2009 23:11)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0