|
|
|
PARA PASALO GUAI!! |
|
 Chega un novo recurso publicado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Trátase dun conxunto de 11 xogos para nenos e nenas de 3 a 5 anos estruturados a través de 4 unidades e protagonizados por Fervello (un morcego), Fuco (un neno), Xana (unha nena) e Farragús (un can). Neles trabállanse as habilidades básicas nestas idades: memoria visual, auditiva e numérica, atención, coordinación óculo-manual, asociación, razoamento, discriminación, linguaxe, corpo humano, imaxinación e creatividade.
Ofrece tamén unha sección de descargas na que se poden atopar debuxos para colorear, debuxos para recortar, un protector de pantalla e dous fondos de escritorio.
Conta tamén cunha guía descargable en PDF onde se explica o funcionamento dos diferentes xogos e se nos ofrecen unha serie de consellos para unha utilización correcta do ordenador por parte das nenas e nenos.
(Visto en A Profa)
|
|
|
|
2 Comentarios |
|
1 |
DESEAMOS QUE EN EL PROXIMO CURSO NOS LO PASEMOS TAN BIEN COMO LO HEMOS PASADO DURA#blgtk08#NTE ESTE AÑO CONTIGO.
FELICES VACACIONES. UN UN MONTON DE BESOS "RATUNOS". |
|
|
É o que dixo GELI Y CLAUDIA (22-06-2009 21:36) |
|
|
2 |
Eu tamén disfrutei moito con vós. Claudia, noraboa polas notas. Descansa e pásao #blgtk08#moi ben. E xa sabedes, aquí vos espero o próximo curso.
Biquiños ratunos. |
|
|
É o que dixo MIK (22-06-2009 23:45) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|