|
|
|
EXPLORANDO CONTOS |
|
XOGANDO CON "O LIBRO DA SELVA"
Acabamos de recibir a reportaxe dos nosos intrépidos exploradores, que xa levan un tempo percorrendo as selvas na compaña dalgúns "amigos especiais". Dende aquí os nosos parabéns a estes arroutad@s aventureir@s. Esta é a súa crónica:
Os nenos e nenas de Educación Infantil de 5 anos levamos todo o ano adentrándonos selva da man de Mowgli, Baloo e Bagheera. A última aventura foi atopar un tesouro. E non foi nada doado?, nada, nada, nada.
Tivemos que pasar 5 probas: facer pompas de xabrón, encadear palabras, imitar expresións faciais, atopar cousas coa letra ?m? e levar papeis pegados a unha palliña. Con cada proba superada podiamos buscar unha das cinco pezas do puzzle e unha vez completadas e organizadas correctamente todas as partes aínda tiñamos que atopar unha caixa chea de sorpresas: os vermes das Moradas Frías. E puidemos comelos, pero ¡¡sen usar as mans!!.
Toda unha aventura!
GRAZAS, PROFE MARÍA! |
|
|
|
1 Comentarios |
|
1 |
Pois si que son valentes estes nenos e nenas! Estou pensando que o tesouro que atoparon pode ser o do pirata Patalata que andab#blgtk08#a tolo a buscar polos mares do sur...
Seguide así, vivindo a escola como unha aventura.
Biquiños ratunos
|
|
|
É o que dixo MIK (12-06-2009 09:36) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|