|
|
|
INCRIBLE PERO CERTO |
|
Vivimos nun mundo cheo de extremos e paradoxas pois cando parece que todos nos atopamos mergullados na transición inevitable cara á era dixital, nun recuncho da India un diario escrito a man resiste o paso do tempo e o avance da tecnoloxía. The Musalman é o xornal indio máis antigo en lingua urdu. Cada día é escrito a man por calígrafos e ten 23.000 subscritores, principalmente nas comunidades musulmás do sur da India. Consta de catro páxinas nas que se cobren desde noticias locais até internacionais, editoriais e unha sección de poesía cada venres.
Aínda que existen programas informáticos en urdu, unha lingua derivada do persa, o árabe e dialectos locais, os calígrafos que transcriben os artigos (traducidos ao urdu do inglés, idioma no que escriben os dez redactores do xornal) fano a man utilizando unha antiga caligrafía horizontal.
O xornal ten dificultades financeiras pero o seu propietario Syed Arifullah, quen herdou o negocio do seu pai, afirma que non pechará pois é un ben familiar.
FONTE: 223 grados
|
|
|
|
6 Comentarios |
|
1 |
Que é unha pena que se perdan esas cousas!!Eu estou polas novas tecnoloxías, pero gústanme moito as cousas do alumnado escritas á man, por exemplo, no #blgtk08#xornal escolar no que ultimamente estamos abusando un pouco, é a miña opinión, das imaxes, do recorta e pega...
Moitas apertas dende Cervo.PUCA |
|
|
É o que dixo PUCA (26-03-2009 22:49) |
|
|
2 |
Tés razón, Puca. É importante fomentar nos nenos e nenas a escrita a #blgtk08#man aproveitando ocasións como o xornal escolar.
Bicos ratunos |
|
|
É o que dixo MIK (26-03-2009 23:00) |
|
|
3 |
A caligrafía é unha especie de arte, que non está ben que se perda. Pero os humanos que están na escola creo que non poden deter o#blgtk08# tempo...
http://seminarioitaca.blogspot.com/2009/03/ensinar-tamen-e-aprender_26.html
Saúdos máxicos |
|
|
É o que dixo Ismail (26-03-2009 23:09) |
|
|
4 |
mik esto me ha gustado como se llama el peri#blgtk08#odico de lo que es lo que estoy escribiendo |
|
|
É o que dixo Ruben 1º (27-03-2009 08:58) |
|
|
5 |
Me ha gust#blgtk08#ado mucho. |
|
|
É o que dixo Alexandre (27-03-2009 09:01) |
|
|
6 |
Y seguro que sin ninguna fal#blgtk08#ta de ortografía. Estupendo. |
|
|
É o que dixo Geli (30-03-2009 00:01) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|