|
|
|
ISTO NON É UNHA TETEIRA... |
|
O noso centro é un dos participantes na campaña CONTARTE, do concello de Vigo en colaboración con OQO EDITORA. Trátase dunha iniciativa didáctica de animación á lectura mediante obradoiros deseñados para achegar os cativos á literatura, á interculturalidade e á creación artística.
Estas actividades, están completadas con lotes bibliográficos que teñen como destino as bibliotecas dos centros participantes.
Hoxe estivo con nós Raquel, unha estupenda animadora que nos contou o conto O dí a en que a mamá se lle puxo cara de teteira. Despois os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º convertíronse en pintores surrealistas, ao estilo de Magritte, e transformaron unha teteira nos obxectos máis variopintos: bananas, xeados, pipas, machadas... E por último, emulando o famoso cadro de Magritte amosaron as súas creacións comezando pola frase: "Isto non é unha teteira". Foron uns momentos fantásticos mergullad@s no mundo dos soños.
GRAZAS, RAQUEL!!!
Aquí tés algunhas fotos:
Podes ver AQUÍ o obradoiro Retrarte cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º
|
|
|
|
4 Comentarios |
|
1 |
Moi interesante a actividade! Nós tamén participamos nunha campaña da Ed.OQO e traballam#blgtk08#os o conto " CHOCOLATA". Disfrutamos o conto a través dos sentidos todos.
Saúdos. |
|
|
É o que dixo PUCA (11-03-2009 23:42) |
|
|
2 |
Si, resultou moi interesante e os nen@s disfrutaron moito. A actividade fomentaba a c#blgtk08#reatividade e a imaxinación e niso xa sabemos que van sobrados.
Bicos ratunos |
|
|
É o que dixo MIK (11-03-2009 23:46) |
|
|
3 |
A actividade foi super interesante os nen@s notábase que estaban motivados para esc#blgtk08#oitar o conto e moito mais tiveron que crear poñendo a proba imaxinación.Moi guay. |
|
|
É o que dixo Chus (12-03-2009 12:30) |
|
|
4 |
Me gusto la actividad que hicimo#blgtk08#s. El libro me dejo sin palabra. |
|
|
É o que dixo Laura (14-03-2009 15:22) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|