|
|
|
MAIOS |
|
No Mestres Goldar xa cheira a maio!!
Empezaron xa os primeiros preparativos para a celebración dos MAIOS no noso cole, unha festa que conleva moita actividade no Centro: preparación de murais, elaboración das coplas, construción do "maio"... As familias aportan os elementos naturais cos que o alumnado do cole irá recubrindo a armazón dun maio tradicional, preparada de antemán. Todos os cursos, baixo a supervisión dun mestre, irán "vestindo" pouco a pouco o "maio" que lucirá no centro do patio e arredor do que se dirán as coplas e se cantarán cantigas.
A festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao cambio estacional, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...
Moitos escritores da nosa terra trataron o "maio" como tema das súas obras. Tal foi o caso de Manuel Curros Enríquez, que no seu libro de poemas "Aires da miña terra" ten unha poesía titulada "O maio". E para que vaias facendo boca, podes escoitala a continuación, cantada por Luis Emilio Batallán:
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|