|
|
|
APADRIÑAMENTO LECTOR 2019 - LECTURAS |
|
Rematamos o mes dos libros cunha das actividades máis fermosas e emocionantes que se levan a cabo no centro un día de abril desde hai dez anos: O apadriñamento lector. Novamente, os libros e a lectura invadiron o patio do recreo. A ilusión, a emoción e a alegría da festa de compartir historias van máis alá da propia experiencia lectora. Quizais estes factores emocionais que envolven o ambiente crean un pouso nas mentes e nos corazóns que consiguen que cada ano todo o alumnado agarde con impaciencia revivir tantos sentimentos provocados polas palabras dun libro lidas con moito agarimo. Como é habitual, durante os días anteriores fixéronse os preparativos: escoller os contos na biblioteca, preparar a lectura e visitar as aulas dos "afillados/as" para facer os sorteos e as presentacións. Cando chegou o día todos acudiron á cita, sabedores de que a "hora de ler" deste día ía ser moi especial. Por fin, á hora prevista, acompañados por un sol espléndido que convidaba a buscar a sombra dunha árbore, reuníronse no patio enchendo de maxia todos os seus currunchos... Repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras, que provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros. Primeiro, os padriños e madriñas, preparados cos seus libros, recollen aos seus afillad@s e buscan un lugar cómodo e agardamos a que tod@s estean preparados:
    E COMEZA A LECTURA: Finalmente, intercambian pequenos agasallos e regresan ás súas aulas. Un ano máis, un auténtico pracer!! PARABÉNS A TOD@S E ATA O ANO QUE VÉN!!! PARA ACCEDER AO ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS, CLIC AQUÍ |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|