|
|
|
VISITA DE ANA ALONSO |
|
Hoxe. 22 de maio, recibimos na nosa biblioteca a Ana Alonso, autora do libro que estiveron lendo os nenos e nenas de terceiro e de primeiro de Primaria, Misión Terra 5 e Eva y los planetas. Ana falounos da súa paixón pola lectura e pola escritura desde que era moi cativa e da súa ilusión por convertirse escritora. Contounos como imaxinaba as historias, os personaxes, as aventuras..., como colaboraba co seu marido para facer algunhas novelas e como gozaba coa súa profesión. Tamén nos explicou detalles sobre o argumento do libro que traballamos. A conversa resultou moi agradable e, despois de contestar todas as preguntas que lle plantexamos, firmou os nosos exemplares. O alumnado de cuarto de EP tamén gozou duns momentos para compartir impresións sobre El baño de Cleopatra, o libro que leron o curso pasado, xa que, por motivos de saúde, houbo que aplazar o encontro ata hoxe. MOITAS GRAZAS, ANA, POLA TÚA VISITA!! AGARDAMOS QUE VOLVAS AXIÑA!! FOTOS 1º - 4º FOTOS 3º |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|