|
|
|
MAIOS 2018 |
|
Este venres celebramos no cole a festa dos MAIOS, despois de varios días de traballo creando coplas, atando ramallos de fiuncho... Despois do recreo xuntámonos no patio para dar a nosa benvida á primavera. Facendo varias rodas, todos os nenos e nenas foron colocándose para recibir ao noso fantástico MAIO e acompañar os ritmos das coplas co son acompasado dos seus paus. Que ben o fixeron! Daba gusto velos tan engalanados e cheos de flores!
Como todos os anos, as familias achegaron os elementos naturais cos que o alumnado do cole foi recubrindo a armazón dun maio tradicional, preparada de antemán. Todos os cursos, baixo a supervisión dun mestre, foron "vestindo" pouco a pouco o "maio" que loceu no centro do patio, cun "detalle" cinematográfico no seu cume, ao fío do PDI. PASÁMOLO XENIAL!!! Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración achegando os materiais necesarios para a construción do "maio" e o noso agradecemento moi especial á nosa querida profe MARILUZ pola súa enorme xenerosidade e a súa impagable axuda.
Aquí tendes algunhas imaxes:
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|