|
|
|
ENCONTRO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO |
|
Hoxe, os nenos e nenas de 3º e 4º de EP recibimos a visita de Antonio García Teijeiro, autor de POEMAR O MAR, o libro que estivemos lendo durante as últimas semanas. Gozamos moito durante a lectura, xa que xogamos cos ritmos e a musicalidade dos versos, aprendemos o divertido que é ler poesía e tamén descubrimos que somos capaces de creala. Para culminar a experiencia coñecemos ao escritor que fixo posibles momentos tan agradables. Gustounos moito falar con el, recitarlle, e incluso cantarlle, moitos dos seus poemas, polo que se mostrou encantado e agradecido. Tamén nos felicitou polo espléndido mural que lle tiñamos preparado. Foi fantástico!!! Ao rematar, asinou moi amablemente os nosos exemplares. MOITAS GRAZAS, ANTONIO!!! Podedes ver todas as fotos aquí: FOTOS CUARTO - FOTOS TERCEIRO
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|