|
|
|
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL |
|
Coma en anos anteriores, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018 correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico. Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego. Para achegarnos un pouco á figura de HANS CHRISTIAN ANDERSEN elaboramos as seguintes actividades coas que aprenderás e te divertirás un momtón:
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|