|
|
|
NOVAS DO ENTROIDO!!! |
|
Xa está chegando o entroido ao Mestres Goldar!!! O alumnado estase preparando para celebrar un ENTROIDO DE CINE!!! A porta da biblioteca está fermosamente decorada con carteis de festas e celebracións en moitos lugares de Galicia. O ENDL do centro, xunto co equipo da biblioteca, está a preparar unha morea de actividades moi interesantes e divertidas. Para facer boca, un calendario "conta atrás" que contén moitas sorpresas que os nenos e nenas irán descubrindo cada día.
O alumnado de 4ºA foi o que inaugurou o calendario!!! Pero aínda haberá máis sorpresas!!! Seguide atent@s!!! |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|