|
|
|
QUE ESTÁ PASANDO NO MESTRES GOLDAR? |
|
Ola, nenos e nenas!!!! Aquí estou outra vez, despois das vacacións de Nadal, moi contento porque estamos nun cole DE PELÍCULA e estades facendo uns traballos fantásticos!!!
Agora ando un pouco despistado porque atopei unhas cartas grandes e misteriosas que teño que investigar. Seguro que tendes a tanta curiosidade coma min, pero non vos preocupedes porque xa estou pescudando. Atent@s porque axiña teredes noticias miñas!!!

XA ESTÁ!!!!! Xa teño moitas pistas!!! Atopei as cartas e descubrín o que conteñen: mooooita información sobre o ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO!!! Podemos facer un percorrido polos pobos e vilas de Galicia e atoparemos en todas elas celebracións e máscaras moi pintorescas. O noso entroido é un dos máis antigos e interesantes de toda a península!!! QUE MARABILLA!!! CANTAS COUSAS IMOS APRENDER!!!! Moitas GRAZAS aos Concellos de Touro (A Coruña) e da Estrada (Pontevedra) pola súa amabilidade e atención.
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|