|
|
|
PELICULETRAS, UNHA BIBLIO DE CINE: EXPOSICIÓN DE TRABALLOS |
|
Grazas á colaboración, a creatividade e a orixinalidade do noso alumnado e as súas familias xa podemos gozar dunha magnífica exposición sobre o cine e as letras, tal e como requería a convocatoria da biblioteca. Así, baixo o lema "PELICULETRAS, UNHA BIBLIO DE CINE", a imaxinación e o bo facer son os protagonistas dos espléndidos e cinematográficos traballos que decoran os corredores do centro. MOITAS GRAZAS ás familias que, unha vez máis, coa súa complicidade e compromiso, demostran que a educación dos nosos nenos e nenas é cousa de TOD@S.
Convidamos a toda a comunidade educativa para visitar e gozar da exposición. Para aqueles que non poidan achegarse ao centro teñen AQUÍ unha ligazón ao álbum de fotos onde iremos subindo todos os traballos. No panel lateral tamén atoparedes unha ligazón permanente ao álbum clicando nunha imaxe como a de abaixo
E MOITOS MÁIS...!!! GRAZAS A TOD@S!!! |
|
|
|
1 Comentarios |
|
1 |
ESTOU MOI CONTENTO!!!! ENCÁNTANME OS VOSOS #blgtk08#TRABALLOS!! MOITOS BICOS RATUNOS A TOD@S!!! |
|
|
É o que dixo MIK (06-12-2017 16:42) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|