|
|
|
COMEZA A SEMANA DA MÚSICA: QUE ARTISTAS!!! |
|
A SEMANA DA MÚSICA non podía comezar mellor!!! O alumnado de CUARTO demostrou coas súas actuacións que ten moita arte para o baile e moito talento para a música. Tamén nos demostraron a súa capacidade para traballar en equipo, a súa habilidade para organizarse, a súa creatividade e o seu saber facer nun escenario. Primeiro foi NICOLAS, que nos ofreceu unha peza preciosa coa súa acordeón. Fíxoo XENIAL! A continuación subiu ao escenario NAIM para deleitarnos cunha peza de gaita acompañado polo profe Toniño. ENCANTOUNOS!! E chegaron Os sete magníficos (ALEJANDRO M., BIRHANU, RAMSÉS, NICOLÁS, LEO, FABIOLA E NEREA) que nos encandilaron cunha coreografía que sorprendeu a todos porque coidaran todos os detalles, tanto no vestuario como na posta en escena. XENIAL!!!: EVA, JULIA E LUCÍA prepararon unha coreografía moi chula que nos gustou moitísimo! E para finalizar a xornada, Zaira, María e Claudia sorprendéronnos cun baile moi elaborado repleto de acrobacias moi complicadas que realizaron á perfección. FANTÁSTICO!!! FELICIDADES, CHIC@S!!! SODES GRANDES ARTISTAS!! Mañá seguiremos gozando de toda a vosa creatividade e talento. Con que nos sorprenderan??!! Álbum completo de fotos AQUÍ |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|