|
|
|
O EQUIPO DE CUARTO DE EP CON ALICIA BORRÁS |
|
Como estaba previsto, Alicia Borrás acudiu esta mañá á esperada cita literaria co alumnado de cuarto de EP. Ao chegar á biblioteca recibiron unha enorme felicitación polo magnífico mural que tiñan preparado para ela con todo o agarimo e moitísima ilusión. A conversa virou arredor das preguntas que formularon con respecto ao libro que leran e ao seu labor como escritora. Tamén manifestaron curiosidade por aspectos da súa profesión como actriz de teatro e de dobraxe. Por suposto, transmitiron á autora de Nata e Chocolate o moito que gozaran coa historia de Sonia e o seu desexo de ler as súas novas aventuras. Despois dunha agradable e distendida charla, Alicia Borrás asinou os exemplares de tod@s. Moitas grazas, Alicia, por compartir connosco os teus relatos e o teu tempo!! VER ÁLBUM DE FOTOS COMPLETO |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|