|
|
|
DÍA DO LIBRO 2017: APADRIÑAMENTO LECTOR I |
|
Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, a biblioteca do centro convocou unha nova edición da actividade de apadriñamento lector que, xunto con outras propostas, servirá para incidir na importancia dos libros e da lectura para a formación das persoas, ampliando horizontes de coñecemento do mundo e de nós mesmos. Como cada ano, o alumnado do centro mergúllase na busca de historias, preparación de lecturas, elaboración de tarxetas lectoras... Unha morea de tarefas ateigadas de ilusión.
Aquí vos deixo algunhas das preciosas tarxetas de presentación que xa están listas para o gran día: Como curiosidade, sabedes que este ano foi escollida Conakry (capital de Guinea) como capital mundial do libro?? Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, co motivo do Día Mundial do Libro e del Dereito de Autor |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|