|
|
|
A NOSA ÁRBORE DA PAZ |
|
Hoxe rematamos as actividades relacionadas co Día da Non Violencia e a Paz e todo o alumnado do centro fixo as súas achegas á preciosa árbore que temos a carón da biblioteca. Despois de reflexionar sobre este día e sobre a figura de Wangari Maathai, escribiron unha mensaxe nas follas que se unirán ás do resto dos compañeir@s para que a NOSA ÁRBORE DA PAZ sexa moi frondosa e proporcione a semente que agromará nos corazóns de tod@s. PARABÉNS, nenas e nenos, por tan fermoso traballo!!! Así foi:PRIMEIRO había que pensar e escribir: DESPOIS, decorar e recortar: AO REMATAR, depositámolas nos maceteiros para que se engadan ás que xa están colocadas na árbore. QUE ÁRBORE TAN PRECIOSA NOS QUEDOU!!!
AGARDAMOS QUE, NUN FUTURO PRÓXIMO, TODOS OS DÍAS DE TODAS AS PERSOAS ESTEAN CHEOS DE PAZ!!
MAñÁ TEREMOS A ÁRBORE DEFINITIVA, CON TODAS AS SÚAS FOLLAS-MENSAXE!! |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|