|
|
|
PROJECT: New friend for Christmas |
|
Arredor do proxecto documental deste curso,"Países e culturas", dende o departamento de Inglés preséntannos o seu proxecto "New friend for Christmas" que consistiu en intercambiar felicitacións de Nadal cos nenos e nenas doutros países. A proposta foi un éxito de participación e a resposta dos interlocutores foi espléndida. Os países que recibiron estas artísticas tarxetas foron: Grecia (1º de Primaria), Francia (2º de Primaria), Polonia (3º de Primaria), Finlandia (4º e 5º de Primaria), Estonia (6º de Primaria). Desde este recanto queremos enviar os nosos PARABÉNS a todo o alumnado participante, tanto ao alumnado do Mestres Goldar como aos alumnos e alumnas dos utros países. E por suposto, vaia a nosa felicitación para a profe Paloma, ideóloga, creadora e coordinadora deste fermoso proxecto. Para ter toda a información visitade o seu blog de ingles Pouco a pouco e sempre andando , onde atoparedes todos os detalles dos traballos.
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|