|
|
|
ALMORZO CON BEIZOS BRANCOS |
|
 O alumnado de terceiro e cuarto de primaria participou esta mañá na actividade ?Almorz@ con Beizos Brancos?, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a Obra Social ?La Caixa?, que ten por obxectivo difundir fórmulas nutricionais sas entre os escolares de Galicia. A actividade incluíu unha charla didáctica sobre alimentación, exercicios lúdicos e un almorzo equilibrado e con produtos naturais.
A mensaxe que se quere trasladar tanto aos nenos e nenas como ás súas familias afonda na importancia que ten o almorzo no rendemento físico e académico dos escolares. Tal e como explicou María Fernández, a dietista que impartiu a charla, é fundamental ter en conta os valores nutricionais desta primeira comida do día, recomendando incluír nela as froitas de tempada e os produtos lácteos e evitar alimentos procesados industrialmente que achegan un exceso de azucres pouco beneficiosos para a saúde.
Para ilustrar a charla educativa, repartíronse almorzos equilibrados compostos por pan con aceite de oliva, mandarina e leite adozada con cacao puro e mel. Ademais, os nenos e nenas aprenderon o proceso do leite, desde que se extrae das vacas ata que chega aos seus fogares.
   Por certo, unha chuscada: a TVG grabou a actividade!! Agardamos ver axiña a reportaxe e saír tan guap@s como os nen@s que aparecen AQUÍ |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|