Xa temos aquí o Samaín! E para escorrentar o medo non hai cousa mellor que cantar, e cantar ben alto. Aquí tes dúas cancións moi chulas do grupo Mamá Cabra, para que nin meigas, nin bruxas, nin curuxas, se acheguen a ti.
Lembrámosvos que no panel lateral temos o acceso a diferentes recursos para as distintas efemérides que adoitamos celebrar ao longo do curso.
Ademáis da nosa recompilación sobre o Samaín (panel lateral), tamén sacaredes algunhas ideas revisando as entradas doutros anos.
Se che interesa coñecer o programa de actividades que ofrece o Concello de Vigo para este samaín, preme na imaxe de abaixo.