|
|
|
CUARTO DE EP: PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA |
|
Seguindo co programa de actividades para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, hoxe foi a quenda do alumnado de cuarto de EP para facer a súa ansiada primeira visita á biblioteca do centro. Primeiro repasaron as normas e ensaiaron a utilización dos "marcadores de sitio" para que os libros estean sempre ben colocados nas estanterías: Os encargados recolleron as "mochilas viaxeiras" que andarán polos seus fogares este curso: Miraron con entusiasmo a exposición de novidades: E, para finalizar, recolleron o agasallo de benvida que MIK lles tiña preparado: FOI XENIAL!!!
FOTOS |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|