|
|
|
A VOLTA OA MUNDO EN OITENTA HISTORIAS |
|
Benvidos a este novo curso de parte da Biblioteca e, sobre todo, de parte de Mik, que xa está desexando embarcarse en novas aventuras. Este ano quere converternos a tod@s en exploradores e guías turísticos!!! Co noso proxecto: A volta ao mundo en 80 historias, percorreremos unha chea de países e descubriremos e aprenderemos moreas de cousas sobre monumentos, comidas, vestimentas, costumes e tradicións, música, problemas aos que se enfrontan noutros lugares?, e quen sabe cantas cousas máis. Como punto de inicio e para cargarnos de enerxía, imos a ter como convidado na nosa festa de reapertura da biblioteca a Jõao Paulo Espanhol, músico brasileiro que leva metido neste mundo desde os oito anos. Aínda que agora vive aquí ao lado, en Sárdoma, é natural de Espirito Santo. Poida que Brasil sexa un dos países a investigar, quen sabe. Estes e outros misterios quedan para máis adiante, de momento a gozar do espectáculo!!Polo de agora teredes que completar as vosas pasaxes ata a aventura e deixalos na biblioteca a próxima semana. Será o voso "despegue" cara outros países e moitos descubrimentos. Se queredes saber a sorpresa que recibiu o alumnado de cuarto de EP, pasade polo seu blog MI AULA e atoparedes fotos ben simpáticas de todo o que pasou esta mañá. Cotilleade un pouquiño polo seu curruncho. Sshhhhhh, unha pista:
Aproveitamos a ocasión para darvos a benvida ao novo curso escolar e desexarvos un estupendo 2016/2017. E xa sabedes que eu agardo impaciente as vosas visitas na biblioteca. Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!!
Moitos bicos ratunos e FELIZ CURSO 2016/2017 e MOI FELICES LECTURAS!! |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|