|
|
|
FIN DE PROXECTO: EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE PRIMARIA ÁS ILLAS CÍES |
|
Como actividade FIN DE PROXECTO, o venres, 10 de xuño, todo alumnado de E. Primaria do centro compartiu unha xornada inesquecible no incomparable marco natural das Illas Cíes, o noso paraíso, do que nos gabamos, queremos e coidamos como a máis fermosa das xoias que a natureza nos ofrece.
A aventura comeza no momento en que, moi ilusionados, chegamos ao porto para embarcar rumbo ás illas. Para algúns foi a súa primeira viaxe en barco!!! Despois de 45 minutos de travesía pisamos o peirao á beira do areal de Rodas. A continuación, cada grupo realizou a ruta que tiña organizada, acompañados dos guías que nos ían mostrando os incribles tesouros que se espallan por todo o arquipélago. Despois da camiñata baleiramos as mochilas coa fame que tiñamos. Despois de comer, reunímonos na praia onde xogamos, falamos, rimos e refrescámonos un pouco. E chegou a hora de regresar, polo que camiñamos de novo cara o barco que nos levaría ata Vigo. Mentras navegabamos non deixamos de mirar hacia atrás, vendo como as illas que nos acolleran ían quedando cada vez máis lonxe. Ao chegar a Vigo tod@s estabamos moi contentos por ter vivido unha experiencia tan fantástica. SEGURIÑO QUE AXIÑA VISITAREMOS DE NOVO AS CÍES!!!Podedes ver unha morea de fotos chulísimas facendo CLIC AQUÍ |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|