|
|
|
SEMANA DA POESÍA 2015/16: HOMENAXE A MANUEL MARÍA |
|
Nada mellor que a poesía para celebrar a chegada da primavera!! Como cada ano, a biblioteca do centro organizou, do 9 ao 13 de maio, a "Semana da Poesía". Trátase dunha actividade moi consolidada no centro e con moito éxito de acollida entre os nenos e nenas, que traballan arreo durante días para preparar os seus poemas concienzudamente, lendo, ensaiando, memorizando, analizando métricas, rimas, ritmos, entoación... A "Hora de ler" foi o momento do encontro poético, onde cada grupo de alumnado recitou, para o resto de compañeir@s, poemas de varios autores/as, en galego e en castelán, sendo Manuel María o principal protagonista deste ano, ofrecendo así o noso particular homenaxe a este poeta. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria foron os encargados de pór de relevancia a figura deste escritor no primeiro día das xornadas, facendo un percorrido pola súa biografía e pola súa obra, con lecturas de varios dos seus poemas máis coñecidos. Finalizaron a súa intervención cunha orixinal e luminosa posta en escena para recitar outra das súas poesías (VER ÁLBUM).
  O martes foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto os que ofreceron un fantástico recitado cunha perfecta posta en escena, teatralizando, xesticulando e entonando marabillosamente os seus versos: O xoves chegou o turno de 1º e 2º de EP que recitaron fantasticamente unhas preciosas poesías
E xa o venres foron os peques do cole os encargados de levar a tenrura, o encanto e a simpatía ao escenario poñendo, así, o punto final a esta poética actividade: MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA ILUSIÓN E ENTUSIASMO E MOITOS PARABÉNS A TOD@S, nenos, nenas e profes, por tan espléndido espectáculo poético e por ser capaces de transmitir, unha vez máis, toda a beleza da poesía. FOI FANTÁSTICO!!! SE QUERES VER O ÁLBUM COMPLETO COAS FOTOS DE TODOS OS CURSOS PREME AQUÍ Tamén podedes visitar os blogues de aula para ver as crónicas dos protagonistas: MI AULA (3º) - KANGURINES (4º) - O CURRUNCHO DO PRIMEIRO CICLO (1º e 2º) Ou dar unha volta pola "Semana da Poesía" de cursos anteriores AQUÍ ATA O CURSO QUE VEN!!! |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|