|
|
|
MAIOS 2016 NO MESTRES GOLDAR |
|
Este mércores celebramos no cole a festa dos MAIOS, despois de varios días de traballo nos que todos os niveis colaboraron na construción dun fermoso maio tradicional. Como é habitual, as familias achegaron os elementos naturais cos que o alumnado foi "vestindo" pouco a pouco o "maio", que loceu florido e fermoso no centro do patio para dar a nosa particular benvida á primavera. Arredor do "maio", os nenos e nenas, adobiados con coroas, colares e pulseiras de flores, explicaron marabillosamente a historia e o significado desta celebración. A continuación, o grupo de sexto de EP, encargouse de cantar unhas simpáticas coplas que tiñan preparadas. Para rematar, familias, profes e alumnado puideron facer un percorrido pola historia dos "maios" no noso centro, recollida nus paneis coas fotos dos cursos anteriores. Pasámolo xenial!!! Para ver máis fotos, preme nas ligazóns:
PRIMEIRO EP SEGUNDO EP TERCEIRO EP CUARTO EP SEXTO EP A FESTA |
|
|
|
1 Comentarios |
|
1 |
que chulis son los maios #blgtk08#>
como mola
|
|
|
É o que dixo jorge (12-05-2016 09:53) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|