175 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO (1837-2012) Ademais das actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro. A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.
Ademáis está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro,en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
LECTURAS RECOMENDADAS
"PARECE UNHA ROSA"
Edicións Espiral Maior
( preme para o LIM ) "ROSALIA DE CASTRO PARA NENOS" Ediciones de la Torre. "ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES"
Baía edicións.
-"ROSALIA DE CASTRO".Poesía completa ilustrada Volume I. La Flor-A mi madre.El Patito Editorial ROSALIA" Fundación Rosalía de Castro ( preme para o LIM ) Escoitemos un poema de Rosalía na voz de Amancio Prada
|