|
|
|
DÍA DA PAZ E PRAZA DAS APERTAS |
|
Baixo o lema UNHA APERTA POLA PAZ, no noso centro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cunha actividade que relaciona esta conmemoración co tema do PDI que estamos a desenvolver este curso: Vigo, unha cidade por descubrir. Novamente, a nosa cidade proporcionounos o recurso máis acaído, A PRAZA DAS APERTAS, que como sabedes, é obra do artista Antón Pulido. Fixemos unha pequena recreación deste precioso recuncho no salón de actos e convidamos ao noso alumnado a ofrecer as súas apertas por un mundo mellor, máis tolerante e máis xusto. A convocatoria foi un éxito e as pombiñas, tan coloridas como a praza, transportaron as apertas que encheron as paredes. PARABÉNS A TOD@S!! O MUNDO SERÁ MÁIS FERMOSO ATEIGADO DE APERTAS!! PODEDES VER TODAS AS FOTOS AQUÍ |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|