|
|
|
SAÍDA EDUCATIVA AO CENTRO CAMBÓN |
|
Dentro das actividades programadas dentro do noso proxecto documental, o alumnado de 3º e 4º de EP estivo hoxe no Centro de Visitantes Cambón, onde gozaron dunha magnífica experiencia que os achegou aos tesouros naturais que acolle o Parque Nacional das Illas Atlánticas. As tres monitoras que atenderon aos nenos e nenas fixeron un estupendo traballo propoñendo xogos e actividades moi interesantes arredor dos diferentes núcleos de información sobre os arquipélagos. PARABÉNS e MOITAS GRAZAS por descubrirnos un mundo marabilloso |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|