|
|
|
DÍA DA NOSA BIBLIOTECA: VIGO, UN MAR DE MÚSICA |
|
 FAN-TÁS-TI-CO!!!! Pois si, a festa de reapertura da nosa biblio resultou unha experiencia inesquecible. Alumnado e profesorado gozamos dunha xornada chea de actividades superdivertidas e moi emocionantes. Como todos os anos, o salón de actos convertiuse nun lugar cheo de maxia onde celebramos con enorme ilusión unha nova andaina ao abeiro da nosa querida biblioteca. No marco do PDI deste curso sobre a nosa cidade, "Vigo, un mar de música" foi o lema que presidiu o escenario onde se desenvolveu o espectáculo "ROCK EN VIGO" que protagonizaron JOAO TOMBA e a BANDA DO PUPAS.
Moitísimas grazas ao papá de Kepa e Igor, que sempre está disposto a axudarnos e que nos facilitou contar coa música do artista rockeiro Joao Tomba. Por suposto, agradecemos tamén a colaboración das familias que nos achegaron os instrumentos que necesitamos para a espléndida actuación da Banda do Pupas. E un enorme bico ratuno e unha agarimosa aperta do noso alumnado para AID, unha xenerosa rapeira viguesa que nos enviou o seu saúdo e as súas preciosas rimas desde Los Angeles (EEUU).
A continuación, unha pequena mostra do que aconteceu no día de hoxe, que foi moito e moi bo. Proximamente, vídeos e moitas fotos para lembrar un día marabilloso.
Ao longo da mañá, todos os grupos de alumnado baixaron á biblioteca onde atoparon varias exposicións: mesa de novidades (últimas adquisicións de libros e materiais para incorporar aos fondos da biblio), exposición temática (libros e materiais sobre Vigo) e exposición de traballos en 3D sobre Vigo (que completaban a exposición dos corredores da entrada, na que se poden admirar moitos recunchos de Vigo recreados pola imaxinación do alumnado e as súas familias). Despois do percorrido cada grupo recolleu as mochilas viaxeiras que mañá empezarán a circular polos fogares.



 Ademáis, o alumnado de 1º de EP e o de nova incorporación ao centro recibiron o carné e a carpeta da biblioteca.
Antes de marchar aínda os agardaba unha magnífica sorpresa que emocionou a tod@s: a videomensaxe de AID que incluía un fermoso rap. Despois de escoitala atentamente, algúns animáronse a bailar:
Para rematar a visita dun xeito moi doce, tod@s recibiron una piruleta de parte de MIK:
QUE VOS PARECEU? GUSTOUVOS? Pois mañá contareivos máis cousas e traereivos todos os detalles da actuación musical de Joao Tomba e a súa banda. De momento, xa temos bastantes fotos AQUÍ e AQUÍ, pero iremos engadindo máis. ATA MAÑÁ!!! Moitos PARABÉNS a tod@s e moitos bicos ratunos!!! |
|
|
|
4 Comentarios |
|
1 |
Mik,sabes que os alumnos/as do Mestres Goldar tiveron moitísima sorte en elexirte a ti como mascota da súa biblioteca!Ademáis dos libros chulísimos que tendes,a celebra#blgtk08#ción tan fashión-mega-guai-supercalifragilistica reapertura.Espero visitarte pronto para ver todo o que tendes exposto sobre Vigo.A túa amiga.Unha ratiña que te quere. |
|
|
É o que dixo Ratiña. (23-10-2015 19:20) |
|
|
2 |
Grazas, Ratiña!!! Eu tamén estou moi contento por pertenecer a esta fantástica comunidade do Mestres Goldar: fantásticos os nenos e nenas, as súas familias e, por suposto, os profes#blgtk08# e as profas que son os meus cómplices en todas as miñas argalladas. Un enorme bico ratuno para ti e para tod@s os que dalgún xeito, en persoa ou de corazón, estades sempre con nós. |
|
|
É o que dixo MIK (24-10-2015 18:21) |
|
|
3 |
Fantastica a Reapertura da biblioteca, ainda que non nos coñecemos moito Mik, gustame unha enchenta a entrega que pos coa axuda dos profes en#blgtk08# que se impliquen os nosos pequerrechos no maravilloso mundo da lectura.
Alegrome moito de pertencer a este gran cole.
Grazas |
|
|
É o que dixo Monica Martinez (11-12-2015 22:23) |
|
|
4 |
Moitas grazas, Mónica!!!! Eu tamén estou moi feliz#blgtk08# de pertencer a esta gran familia. Bicos ratunos!! |
|
|
É o que dixo MIK (13-12-2015 14:57) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|