Hoxe chegou o outono, una estación chea de cores, aromas e sabores. Tamén cheo de poesía...
Que bonita é a princesa
que mira pola ventá
como bailan as follas co aire
aquela danza outonal;
como pousan mainiñas na terra,
cansas de tanto voar;
como cobren o camiño
que se esconde tras o val.
Xa saen os nenos da escola,
xa se oen as campás.
Brincando pérdense entre as casas,
baixo as botas, cras, cras, cras...
É a música do outono
que ven chegando xa.
A princesiña non quere
ter zapatos de cristal,
nin enfeites, nin coroas,
nin pulseiras de coral.
Só quere pisar esa alfombra
de follas moles,
de follas vellas,
de follas pardas,
e amarelas.
Quere que se escoite lonxe
que Outono na porta está,
bailando cos pés nas botas
ao ritmo do cras, cras, cras.
Julia Vilamoure
|