|
|
|
LEER PARA CRECER: JOËLLE TURIN |
|
No blogue Linternas y bosques atopamos un completo artigo sobre a francesa Joëlle Turin, recoñecida experta en literatura infantil, considerada unha das grandes especialistas en promoción da lectura e análise de libros para nen@s, principalmente o álbum ilustrado. Afirmacións como "Hai que valorar os libros que responden ao nivel do neno pero sen infantilizar o texto ou os diálogos, tratándoo como unha persoa, e permitir que el atope a súa visión, nunca dicirlles que están a interpretar "mal" unha historia ou respondendo "mal" unha pregunta. Cada neno preguntará e entenderá segundo as súas características, o seu contexto", xunto con outras que se recollen no citado artigo, debemos telas presentes tanto docentes como familias á hora de escoller as lecturas dos cativos. Convídovos a que dediquedes uns minutos á lectura da recensión que asina Adolfo Córdova: "Leer para crecer: Joëlle Turin"
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|