Outra das actividades deseñadas para o mes dos libros, dentro do PDI sobre a luz, foi a que denominamos"Retrato á luz dos libros", coa que pretendíamos pór de relevancia a celebración do Día Mundial do Libro implicando no traballo proposto ás familias do noso alumnado. Nesta ocasión tratouse de xunguir a lectura coa arte da fotografía, o xogo coas imaxes e, polo tanto, coa luz e coas cores, cos enfoques... Como cada vez que solicitamos a súa colaboración, a resposta foi extraordinaria. Non só nos sorprenderon coa súa creatividade e o seu talento para a fotografía buscando marcos e situación orixinais, senón que tamén se descubriron as súas habilidades coas novas tecnoloxías facendo espléndidas fotomontaxes das que xa podemos gozar na entrada do cole nunha preciosa exposición. Paga a pena observar detidamente cada una das achegas xa que son magníficas e seguro que vos farán sorrir case todas. O equipo de biblioteca agradécevos enormemente a vosa participación. MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S!!!
Aquí tendes algunhas imaxes: