|
|
|
LECTURAS E EMOCIÓNS: APADRIÑAMENTO LECTOR 2015 |
|
Por fin chegou o día esperado tanto polos padriños e madriñas como polos afillad@s,que agardaron impacientes que o sol nos permitise gozar dos libros ao aire libre, baixo a sombra agarimosa das árbores do noso patio de recreo. Un ano máis, e xa van sete, tivemos a ocasión de ler e compartir historias e emocións. Así, durante a "hora de ler" do martes, día 12, repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, os libros abríanse e deixaban voar palabras que enchían o aire de fantasía e de maxia. As lecturas provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de revivir a experiencia en cursos vindeiros.
Aquí vos deixo algunhas imaxes desta fermosa experiencia lectora:
A CHEGADA AO PATIO E O ENCONTRO: BUSCANDO UN LUGAR CÓMODO: COMPARTINDO HISTORIAS: REGRESO ÁS AULAS: OS PROFES TAMÉN COMPARTEN LECTURAS: Podedes ver máis fotos fantásticas AQUÍ |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|