|
|
|
PRÓXIMO ENCONTRO CO ILUSTRADOR VÍCTOR RIVAS |
|
O próximo 5 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibirá na nosa biblioteca ao ilustrador da obra Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, coa que acadou o premio Merlín de Literatura Infantil 2014, convocado pola editorial Xerais. Nesta ocasión será Víctor Rivas, ilustrador do libro, o que nos desvelará os segredos deste relato que encandilou aos nenos e nenas, xa que, arredor do noso PDI, interésannos moito os aspectos relacionados coas cores, as luces, as sombras..., nunha palabra, a linguaxe das imaxes como contadoras de historias. Agardamos un encontro moi proveitoso. |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|