|
|
|
ENCONTRO CON ANA ALONSO |
|
Hoxe recibimos na nosa biblioteca a Ana Alonso, autora dos libros que estiveron lendo os nenos e nenas de terceiro e cuarto de Primaria (As sete caras do señor Grunt e Misión Terra 5). Ana falounos da súa paixón pola lectura e pola escritura desde que era moi cativa e da súa ilusión por convertirse escritora. Contounos como imaxinaba as historias, os personaxes, as aventuras..., como colaboraba co seu marido para facer algunhas novelas e como gozaba coa súa profesión. Tamén nos explicou detalles sobre o argumento dos libros que traballamos e gustáronlles moito os murais que preparamos para ela. O encontro resultou moi agradable e, despois de contestar todas as preguntas que lle plantexamos, firmou os nosos exemplares. MOITAS GRAZAS, ANA, POLA TÚA VISITA!! AGARDAMOS QUE VOLVAS AXIÑA!! PODES VER MOITAS MÁIS FOTOS AQUÍTamén tendes unha preciosa presentación elaborada pola profe Laura e a aula dos Rebeldes (3º de EP): Se queredes, podedes descargar a presentación AQUÍ |
|
|
|
4 Comentarios |
|
1 |
Ana Alonso me pareció una persona muy d#blgtk08#ivertida.
Gracias por venir Ana. |
|
|
É o que dixo sofía 4º (24-02-2015 17:35) |
|
|
2 |
Canto sinto non poder estar e coñecer a Ana Alonso, seguro que me fascinaría como o fix#blgtk08#o o seu libro. Polas imaxes vexo moito interese e entusiasmo. Espero que voltes pronto. |
|
|
É o que dixo Profe Laura (24-02-2015 19:34) |
|
|
3 |
A mi me pareció :guapa,divertida,inteligente,imaginativa (para escribir todos#blgtk08# los libros que hizo).Lía y yo le dimos muchas ideas para "Misión Tierra 6". |
|
|
É o que dixo Sonia 4° (26-02-2015 19:11) |
|
|
4 |
Hola a min pareceume moy intelixente (porque para facer tantos libros ela soa)¡coidao!
Tamén é moy diver#blgtk08#tida (no caso de cando fala).
Eu quero que veña outra vez.
Porfavor Ana Alonso.
Jajajaja. |
|
|
É o que dixo Nerea 4° (28-02-2015 15:34) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|