|
|
DESLUMBRADOS!! ENTROIDO 2015 |
|
"Deslumbrados" foi o título do espectáculo do entroido deste ano, e deslumbrados quedamos tod@s co bo facer e a "profesionalidade" do noso alumnado, desde os máis cativos ata os maiores. Como sempre, as familias acudiron á cita para gozar duns momentos agradables e moi entretidos. Os disfraces resultaron moi coloridos e orixinais e actores e actrices ofrecéronnos unha actuación digna dos óscar de Hollywood. Tal e como suxire o título, a obra xirou arredor do noso PDI sobre a luz. Así, tivemos uns piratas ladróns e uns electricistas chapuzas que provocaron unha enorme desfeita coa electricidade, polo que houbo que pedir axuda a romanos e superheroes. Menos mal que todo quedou arranxado grazas a uns ecolóxicos paneis solares.
Pero bueno, imos pouco a pouco:
Os nenos e nenas de segundo abriron a representación co "tren do entroido":
Despois chegaron uns terribles piratas que roubaron enchufes e cables: Os donos da casa tiñan moito traballo e chamaron a unha limpiadora: Pero tivo que pedir axuda a unha empresa de limpeza: Foise a LUZ!!! Hai que chamar aos electricistas!! Isto está moi complicado. É cousa de romanos!!!: Ai, ai ai!! Un estourido!! Vaia chapuza!! Xa só quedan esqueletos e fantasmas!! Que desfeita!! Hai que arranxar isto!! Chamen aos superheroes!! Menos mal!! Xa temos solución: paneis solares!! Viva a enerxía limpa!!! E así, recuperamos a luz e puidemos cantar e bailar e berramos ben alto: "QUE VIVA O ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!"
Por certo, tamén houbo por alí uns personaxes ben raros, sabedes quen son? E se queres ver moitas máis fotos requetechulas, preme AQUÍTamén teremos os vídeos moi pronto. ESTADE ATENT@S!! |
|
|
|
9 Comentarios |
|
1 |
Paseino tan ben hoxe no entroido que creo que lle vou perdoar a Mik todas as trasnadas que me fixo estes días.
Como vou ir tocar á festa do queixo de Arzúa,voulle traer un queixiño sen petardo dentro.
Estivestes todo#blgtk08#s e todas moi, pero que moi ben.
Quedei moi contento de ver o que gozamos con esta festa.
Agora uns días para repoñer forzas.
Unha aperta, Mik. Xa podes saír do buraco, que prometo que non che fago nada malo. |
|
|
É o que dixo Toniño (13-02-2015 21:28) |
|
|
2 |
UFFFFFF!! Xa me estaba facendo vexetariano!! Nin probaba o queixo que tanto me gusta. #blgtk08#Bueno, pois alégrome de que che pasara o enfado. Xa somos amigos outra vez! Beeeeen!!! |
|
|
É o que dixo MIK (13-02-2015 22:20) |
|
|
3 |
pasamolo moi ben este ano, oxala mik siga facen#blgtk08#do mais trasnadas coma esta, q viva o carnaval. |
|
|
É o que dixo estela e mama (14-02-2015 19:54) |
|
|
4 |
Que ben o pasamos no Entroido. Toda a xente estivo de marabilla. Como había tanto electricista agora os veciños queren que arranx#blgtk08#emos os seus enchufes. Isto é un lío.
A comer moitas orellas e filloas estes días que ben o merecemos.
Saúdos Mik. |
|
|
É o que dixo Antonio (15-02-2015 11:10) |
|
|
5 |
PAsádeo ben e descansade moito!! Eu tamén vou aproveitar#blgtk08# para repoñer forzas. Moitos bicos ratunos para tod@s!! |
|
|
É o que dixo MIK (15-02-2015 11:25) |
|
|
6 |
Paseino xenial !!! o dia do entroido o fixemo#blgtk08#s perfecto.Nadie olvidouse do seu papael. :) |
|
|
É o que dixo Sonia 4º (18-02-2015 20:53) |
|
|
7 |
Paseino moi be#blgtk08#n no entroido |
|
|
É o que dixo sara4° (22-02-2015 15:34) |
|
|
8 |
Gustoume moito o carnabal pero o fallo ese da musica que#blgtk08# che caeron os papeles foi unha escusa tremenda e Toniño |
|
|
É o que dixo Brais5º (26-02-2015 16:34) |
|
|
9 |
Que ben o#blgtk08# pasamos! |
|
|
É o que dixo Aurora M.L (23-12-2015 22:17) |
|
|
E ti que dis? |
|
|