|
|
|
O NOSO LUMINOSO DÍA DA PAZ |
|
Hoxe, como en todos os centros escolares, celebramos o DÍA DA PAZ e a Non Violencia. Foi un acto sinxelo pero moi emotivo e cheo de fondos desexos de PAZ e XUSTIZA. Todo o alumnado levaba días traballando arredor desta data e cada grupo expresou dun xeito ben artístico e orixinal as súas reivindicacións. Así temos ao alumnado de E. Infantil, que non esqueceu o tema do noso proxecto documental para manifestar os seus desexos luminosos: Eles mesmos, en colaboración cos nenos e nenas de quinto e sexto, elaboraron un mandala da luz, onde se recollen preciosas e impactantes imaxes de escolas sen luz, frases e persoeiros que traballaron a prol da mellora das condicións de vida en moitos lugares desfavorecidos: Unha churrusqueira pombiña luminosa foi o traballo dos nenos e nenas de terceiro e cuarto, xunto coas súas pegatinas con corazón: E, por suposto, tamén o alumnado de primeiro e segundo fixo o seu fermoso mural: E aínda máis: Satisfeit@s co traballo feito, fomos tod@s ao ximnasio, xa que o tempo non nos permitiu saír ao patio. Alí escoitamos o precioso e brillante Manifesto que preparou o alumnado de sexto e, despois, facendo grandes roldas, bailamos xunt@s ao son da Carrasquiña: Podedes ver moitas máis fotos AQUÍ |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|