|
|
|
COMO LER MÁIS NO 2015 |
|
A través da publicación dixital http://elpais.com/,o artista Austin Kleon publica unha táboa de consellos que toman a lectura como unha especie de fitness mental. Coa autoridade que lle outorga acadar a cifra de sete decenas de libros, estes son os seus sete consellos (algúns algo dubidosos) para os que se prometeron ler máis no 2015:
1.- Lanza o teu móbil ao océano (ou pono en Modo Avión).
2.- Leva un libro enriba en todo momento.
3.- Ten outro libro listo antes de rematar o que estás a ler. Fai unha pila cos libros que lerás ou cárgaos no eReader.
4.- Se non estás a gozar dun libro, ou aprende moito del, abandónao inmediatamente.
5.- Programa unha hora de lectura de non ficción ao día (a hora do xantar ou calquera anaco morto servirán).
6.- Vai á cama unha hora antes e le ficción (axudarache a durmir).
7.- Publica nalgún blog o que les e comparte as túas lecturas nalgunha rede social (así outros tamén che recomendarán lecturas).
Podes ler o artigo competo e as súas argumentacións AQUÍ
Fonte da imaxe e do texto: http://elpais.com/elpais/2015/01/05/icon/1420443241_637329.html |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|