|
|
|
10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. O DEREITO Á EDUCACIÓN |
|
 Co gallo da celebración do Día dos DDHH, desde mañá ata o 30 de xaneiro (Día da Paz) traballaremos o dereito á educación ao fío do noso proxecto documental sobre a luz. Difundiremos e afondaremos sobre o programa "LUCES PARA APRENDER", promovido pola OEI, que consiste en dotar de luz eléctrica 60000 escolas de zonas desfavorecidas de varios países iberoamericanos. Como primeira actividade de toma de conciencia sobre a realidade de moitos nenos e nenas da idade dos nosos alumn@s, mañá estaremos 3 minutos da "hora de ler" sen luz, é dicir, coas luces apagadas e as persianas case pechadas. Queremos provocar o debate e levar a nivel de conciencia o afortunados que somos nas nosas escolas. Despois veremos un vídeo-testemuña dunha escola sen luz e outro de hai algúns anos do cantante Huecco, que xa empregamos no noso proxecto sobre XXOO. A partir destas primeiras "tomas de contacto" faremos unha serie de actividades de investigación sobre as escolas sen luz na actualidade, as súas necesidades e a súa realidade, en resumo, a diferencia de oportunidades por ter nacido nun determinado lugar.
|
|
|
|
5 Comentarios |
|
1 |
Muy chula la canción#blgtk08#.Entendí el mensaje. |
|
|
É o que dixo Nicolás Abalde Freire 4º (10-12-2014 19:47) |
|
|
2 |
Xenial, Nico!!#blgtk08# Bicos ratunos |
|
|
É o que dixo MIK (10-12-2014 19:52) |
|
|
3 |
Estoy de acuerdo con Nicolás, mola mucho #blgtk08#la canción y también entendí el mensaje. |
|
|
É o que dixo Nerea M.C.4º (11-12-2014 15:48) |
|
|
4 |
Pois si!! A canción mola mo#blgtk08#ito!!
Bicos ratunos |
|
|
É o que dixo MIK (11-12-2014 19:34) |
|
|
5 |
Que movida es la canció#blgtk08#n.yo entendí el mensaje |
|
|
É o que dixo aroa (14-12-2014 17:40) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|