|
|
|
UNHA MAñÁ CON ANTONIO MANUEL FRAGA ALLEGUE |
|
Hoxe, 19 de maio, tal e como xa se anunciara, estivo connosco o escritor Antonio Manuel Fraga Allegue, último Premio Merlín de Literatura Infantil pola súa novela ?O Castañeiro de Abril?, un dos títulos que este curso traballamos o alumnado de terceiro ciclo.
Antonio contounos o seu gusto pola lectura desde que era moi pequeniño e, como animado por amizades e persoas achegadas, decidiuse a escribir e a presentar a ese certame a súa obra. Falounos de que xeito foi xurdindo toda a armazón do libro: o narrador, os personaxes , o lugar da acción, o tempo no que trascorre? ; case todo baseado en vivencias, persoas e lugares do seu Pontedeume natal. Mantivemos con el un interesante diálogo sobre todos estes aspectos.
Tamén soubemos que a primeira obra que publicou, ?Xildas?, está dedicado á súa sobriña antes de que a meniña nacese. Estamos desexando ter un exemplar na nosa biblio e lela; tén que ser moi interesante.
Por último, asinounos os libros cunhas dedicatorias moi afectuosas.
Grazas, Antonio.
VER ÁLBUM |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|