|
|
|
COCIÑA DE CONTOS EN INFANTIL |
|
 A semana pasada, o alumnado de E. Infantil de 5 anos participou nunha saborosa actividade de animación á lectura: COCIÑA DE CONTOS.?Croco?, ?A sopa queima? e ?Sopa de nada? foron os protagonistas da sesión e leváronnos a cociñar exquisitos pratos. A animadora repartiu distintos alimentos que os nenos e nenas terían que debuxar en anacos de pratos de cartón. Para rematar, debían buscar aqueles anacos que completaran uns deliciosos pratos combinados listos para degustar. Quedounos moi apetitoso e pasámolo xenial!!
VER ÁLBUM |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|